O Proxecto

De Rizomas
rizomas@rizomas.info


Descrición[editar]

"Un rizoma é un talo subterráneo con varias xemas que medra de xeito horizontal emitindo raíces e brotes herbáceos dos seus nós. Os rizomas medran indefinidamente, no curso dos anos morren as partes máis vellas mais cada ano producen novos brotes, podendo dese modo cubrir grandes áreas de terreo." - Wikipedia

Igual que os rizomas, esta iniciativa xermola dun grupo de persoas con inquedanzas semellantes que vimos de traballar en diferentes campos vinculados á sustentabilidade social e ambiental: o ecoloxismo, o asociacionismo, o consumo responsable, a agroecoloxía, as moedas sociais, a investigación, a educación ambiental... Froito deste encontro e da posta en común, medra a idea de dispoñer dunha ferramenta que responda ás necesidades e desexos compartidos.


Concretamente, con Rizomas preténdese:[editar]

  1. Visibilizar iniciativas que xa existen ou están a xurdir por todo o territorio galego.
  2. Facilitar o tecido e fortalecemento de redes entre iniciativas.
  3. Promover a intelixencia colectiva, compartindo recursos e prácticas educativas.


Préstache?[editar]

Engade a túa iniciativa ou contacta connosco no enderezo rizomas@rizomas.info para colaborar ou saber máis.