Executar a pescuda: QRizomas

rizomas@rizomas.info


Categorías:
Tipo de axente:
Ámbito territorial:
Área de actuación:
Actividade principal:
Tipo de espazo:




7H Cooperativa Cultural

Mail: 7hcoop@7hcoop.galWeb: http://www.7hcoop.gal
Localización: 7H Cooperativa Cultural
Descrición: 7H Cooperativa Cultural somos unha empresa de economía social adicada á creación e a acción cultural. Conformada por creadoras, axentes e formadoras de moi distintas disciplinas traballamos conxuntamente na creación de proxectos globais por e para as persoas.

A Eira do Ceesg

Mail: eira@ceesg.orgWeb: http://ceesg.org/
Localización: A Eira do Ceesg
Descrición: A Eira é un grupo de traballo do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), que traballa ao redor dos ámbitos da Educación Ambiental e do Desenvolvemento Comunitario.

A Gradicela Grupo de Consumo Responsable

Mail: agradicelapontevedra@gmail.com
Localización: A Gradicela Grupo de Consumo Responsable
Descrición: Somos un grupo de consumo autoxestionado na procura dunha transformación social, económica e ambiental, a través dun consumo responsable. Nado na comarca de Pontevedra en 2009, e a través da participación activa e compromiso persoal das socias na organización do grupo e no consumo regular, proxectamos o noso fin en:

1. - O suministro de produtos e servizos baixo os criterios de sustentabilidade e dignidade nas mellores condicións de prezo/calidade para as súas socias.

2. - A sensibilización e difusión do consumo responsable, economía social e solidaria, agroecoloxía e medio ambiente na comunidade de Pontevedra.

A Palleira de Tronceda

Web: http://www.troncedaapalleira.com
Localización: A Palleira de Tronceda
Descrición: Proxecto de turismo responsable dentro da economía alternativa, apostando por un mundo rural vivo e sostible, o proxecto se desenvolve nunha aldea re-habitada.

ADEGA

Mail: adega@adega.galWeb: http://adega.gal
Localización: ADEGA
Descrición: A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é a organización ecoloxista galega con máis traxectoria, nacida no ano 1976, procura o equilibrio ecolóxico do territorio galego, promove accións de educación ambiental e tamén defende o patrimonio e lingua propios.

Abelleiro

Mail: abelleiro@pm.me
Localización: abelleiro
Descrición: Dende 2013, tento atopar un equilibrio coas abellas, adícome a recoller parte do mel que almacenan e a vendelo. En troques, aprendo a coidalas e gústame vivir nun medio rural que favoreza a sua labor polinizadora no ecosistema. A colleita de mel faise de xeito artesanal e respetando o ritmo da colmea e ao cabo, da natureza. Envaso en botes de cristal de medio e un quilo.

Aberteo

Web: http://www.aberteo.gal/
Localización: Aberteo
Descrición: Temos o plan de propoñer actividades relacionadas coa promoción, a formación e a divulgación da tecnoloxía libre, da cultura libre, do coñecemento libre, da comunicación libre e dos recursos libres.

Agrelar


Localización: Agrelar
Descrición: Grupo de Consumo Responsable. Temos varias produtoras de proximidade que forman parte do grupo e ofrecen alimentos ecolóxicos e de tempada como: hortalizas, mel, ovos, e carne de vacún. Ás veces tamén teñen carne de polo e de coello. Funcionamos co sistema de cestas abertas de hortaliza con entrega semanal, o resto dos pedidos facémolos a demanda do grupo e os días de entrega son os mércores. Unha vez ao mes reunímonos en asamblea para xestionar as necesidades do grupo.

Alargascencia (Amigos da Terra)

Mail: info@amigosdaterra.netWeb: https://www.alargascencia.org/
Localización: Alargascencia (Amigos da Terra)
Descrición: Alargascencia é un directorio de establecementos nos que podes reparar obxectos, alugar, facer troco e atopar ou vender produtos de segunda man. Facilita a procura daqueles pequenos comercios, cooperativas e outro tipo de iniciativas, próximos á túa casa onde podes atopar todos estes servizos.

Amarante Setem

Mail: amarantesetem@amarantesetem.orgWeb: http://amarantesetem.org/
Localización: Amarante Setem
Descrición: Amarante é unha asociación de solidariedade de filosofía altermundista, centrada no ecodesenvolvemento, e en particular no consumo responsable tanto no campo da denuncia (Campaña Roupa Limpa,...), das alternativas (MOV3) ou directamente da comercialiación (Comercio Xusto e Grupo Consumo de produtos ecoloxicos de cercania).

Amarelante S. Coop. Galega

Web: http://www.amarelante.gal
Localización: Amarelante S. Coop. Galega
Descrición: Amarelante S. Coop. Galega se centra na recuperación de soutos abandonados para poñelos en produción. A Castaña se comercializa en fresco, castaña seca, fariña e bicas.

Andaina Pro Saúde Mental

Web: http://andainaprsm.blogspot.com.es/
Localización: Andaina Pro Saúde Mental
Descrición: Asociación para o apoio e axuda a persoas con enfermidade mental. Creou un centro especial de emprego (CEE) destinado a emplear a estas persoas e dedicado á elaboración de zumes e sidras. Hai moitos talleres.

Asociación Boa Vida. Programa Trapera

Web: http://boavidainclusionactiva.blogspot.com
Localización: Asociación Boa Vida. Programa Trapera
Descrición: Asociación que actúa en Pontevedra para disminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo. Contamos co apoio de “Traperos de Emaús Navarra”. Tenda Solidaria, recollidas de materiais en desuso, selección e venda. Facilitando emprego a persoas en situación de exclusión.

Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas

Web: http://www.ridimoas.com
Localización: Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas
Descrición: O que hoxe se coñece como bosque Ridimoas é unha superficie continua de 500 ha que arderan sucesivamente ata o ano 1976. Dende esta data evolucionou a un bosque autóctono da bisbarra do Ribeiro, de forma natural e coa nosa intervención a partir do terceiro ano do último grande incendio. A asociación xurdiu como tal en 1988, para xestionar a masa forestal e seguir estudando e divulgando a evolución dun bosque galego.Actualmente contamos con 1.030 socios.

Asociación O Toxo


Localización: Asociación O Toxo
Descrición: Asociación de produtor@s e consumidor@s. Produtos agroecolóxicos e locais, artesanía, ... Organiza encontros os segundos e cuartos sábados de cada mes. Venda, troco, reciclaxe.

Asociación sociocultural e agroecoloxica Sachos á Rúa


Localización: Asociación sociocultural e agroecoloxica Sachos á Rúa
Descrición: Entidade que traballa con parametros agroecoloxicos os seguintes temas: Formación

Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol

Web: http://www.ferrol.es/aeu
Localización: Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol
Descrición: A Aula de Ecoloxía Urbana ten como obxectivo promover a educación ambiental entre os seus usuarios. A oferta educativa e divulgativa busca promocionar os valores medioambientais ao tempo que lles mostra aos visitantes a cidade como ecosistema, sen esquecernos de converter a Aula nun espazo aberto para a reflexión en torno aos múltiples aspectos que conforman a biodiversidade urbana.

Banco municipal de electrónica

Mail: bancoelectronica@teo.galWeb: https://www.teo.gal/
Localización: Banco municipal de electrónica
Descrición: Banco municipal organizado polo Concello e sostido con traballo de voluntarios para recoller, modificar e entregar vellos PCs e móbiles para darlle unha segunda vida e dar acceso a esta tecnoloxía aos que non teñan capacidade económica.

Bico de Grao S.Coop.Galega


Localización: Bico de Grao S.Coop.Galega
Descrición: Espazo de alternativas sustentables. Bico de Grao é unha tenda de produto ecolóxico a granel, máis tamén un espazo de actividades relacionadas cos valores da cooperativa así como unha empresa de deseño téxtil, eminentemente bonecos feitos con material de refugallo.

Burbullas de Sol


Localización: Burbullas de Sol
Descrición: Horta de verduras e froitas. A comercialización é facendo venta directa a dominicilio e en mercados.

CSOA A Quinta da Carmiña

Web: https://carminhanarede.ddns.net
Localización: CSOA A Quinta da Carmiña
Descrición: Centro social ocupado e autoxestionado

Carlos Villaverde


Localización: Carlos Villaverde
Descrición: Horta ecolóxica de produto variado que facemos venta directa.

Catro Ventos Editora S. Coop. Galega

Mail: comunicacion@catroventos.galWeb: http://www.catroventos.gal
Localización: Catro Ventos Editora S. Coop. Galega
Descrición: Editorial especializada na publicación de libros en galego sobre cinco grandes temáticas: ecoloxía, economía social, consumo responsable, dereitos humanos e crianza alternativa.

Centro de Interpretación da Ceraría (Paraños)

Web: http://www.montesparanhos.com
Localización: Centro de Interpretación da Ceraría (Paraños)
Descrición: Recuperación, investigación e promoción do vello oficio dos cereiros e, por extensión, do mundo da cera e da apicultura.

Cestola na Cachola S. Coop. Galega

Web: http://www.cestolanacachola.org
Localización: Cestola na Cachola S. Coop. Galega
Descrición: Lalín

Colectivo A Rente do Chan


Localización: Colectivo A Rente do Chan
Descrición: Colectivo que xorde como consecuencia dos tráxicos lumes ocorridos en Outubro de 2017 na comarca de Ponte Caldelas, e como resposta á necesidade de promover unha xestión forestal axeitada, traballando en prol da implantación de medidas que faciliten a rexeneración das especies autóctonas, recuperar usos do chan e promover un rural sostible, a través de ferramentas diversas como a custodia do territorio, arbitraxe, voluntariado ou proxectos educativos, entre outras.

Consumo Consciente Árbore S. Coop. Galega

Web: http://www.arbore.org
Localización: Consumo Consciente Árbore S. Coop. Galega
Descrición: Cooperativa de consumidoras. Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega,  é un proxecto empresarial que ten como causa social a asociación de consumidores/as en réxime de socios/as da Cooperativa, coa finalidade de conquerir entre eles/as productos ecolóxicos coa mellor relación calidade-prezo, coma parte dun proxecto socio-económico enmarcado nos principios dunha economía social e solidaria. 

Coop57 Galiza

Web: http://coop57.coop/gl
Localización: Coop57 Galiza
Descrición: Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidários, que ten como obxectivo contribuir a unha transformación social en positivo. A súa función principal é captar aforro para canalizalo cara o financiamento de proxectos de economia social e solidária. Coop57 orgánizase através dun modelo horizontal, descentralizado e en rede.

Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (Zocamiñoca, S. Coop. Galega)

Mail: zocaminhoca@gmail.comWeb: http://www.zocaminhoca.org
Localización: Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (Zocamiñoca, S. Coop. Galega)
Descrición: Grupo de consumo consciente e responsable situado no barrio do Castrillón (A Coruña). Somos un grupo de persoas que formamos unha cooperativa para establecer un nexo de unión entre agro e cidade, para obter alimentos locais, sans, producidos con respecto ao medioambiente e ás persoas. Todas as socias participan activamente na cooperativa dalgún xeito, e establecemos relacións directas de colaboración coas agricultoras e produtoras cercanas. Tamén facemos actividades de difusión e concienciación.

Costavales

Web: http://www.costavales.com
Localización: Costavales
Descrición: Moeda local de ambito Galego creada co obxectivo de potenciar o comercio local, os produtos de proximidade, a integracion de colectivos desfavorecidos, a xestión de axudas a personas en exclusion, a protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

Cousas da Terra S. Coop. Galega

Web: http://www.cousasdaterra.org
Localización: Cousas da Terra S. Coop. Galega
Descrición: Somos unha cooperativa formada por tres mulleres que traballamos no eido do consumo responsable e ocio sostible

Cousas de Raíces

Web: http://cousaderaices.wordpress.com
Localización: Cousas de Raíces
Descrición: Rede de máis de 60 colectivos e entidades de carácter cultural, ambiental, veciñal, sindical, empresarial, cooperativas, comunidades de montes, etc., que procuran a defensa do bosque autóctono.

Des Pensa

Web: http://spg.saramaganta.info/despensa/
Localización: Des Pensa
Descrición: Colectivo de alternativas e consumo consciente.

Deshidratados y Postres Sin Gluten de Stefany y Guillermo


Localización: Deshidratados y Postres Sin Gluten de Stefany y Guillermo
Descrición: Froitas, vexetais ecolóxicos, postres veganos sen gluten, chuches saudables.

Edifico passivhaus

Web: http://www.edifico.es
Localización: Edifico passivhaus
Descrición: Eficiencia enerxética nas edificacións.

Encontros de consumo responsable Entre Lusco e Fusco


Localización: Encontros de consumo responsable Entre Lusco e Fusco
Descrición: Nace en 2010 (xuño) como un mercado directo entre os pequenos produtores de horta da contorna de Compostela. Ten como obxectivos o produto local, ecolóxico e de proximidade.

Espazo Agroecolóxico A Estruga

Web: https://aestruga.wordpress.com/
Localización: Espazo Agroecolóxico A Estruga
Descrición: Espazo de Cooperación do Traballo no eido agroforestal e alimentario dende o punto de vista agroecolóxico.

Evida


Localización: Evida
Descrición: Produción de horta e froita de tempada.

Feitoría Verde S. Coop. Galega

Web: http://feitoriaverde.com/
Localización: Feitoría Verde S. Coop. Galega

Foro Ecolóxico da Barbanza


Localización: Foro Ecolóxico da Barbanza
Descrición: Os Foros Ecolóxicos son asembleas de persoas da Barbanza, interesadas polos temas da agricultura ecolóxica, a alimentación sa e o comercio xusto e de proximidade. Un dos nosos obxectivos é poñer a andar grupos de produción e de consumo.

Fóra do Linde

Mail: foradolinde@gmail.com
Localización: Fóra do Linde
Descrición: Fóra do Linde é un proxecto agroecolóxico que pretende ir máis alá de sementar hortalizas de tempada. Un proxecto co cal queremos mudar a nosa forma de consumir, de alimentarnos e de producir basándonos nos principios da soberanía alimentaria e da agroecoloxía. Producindo hortalizas de tempada dun xeito sostible para grupos de consumo e particulares. Tecendo lazos entre productoras e consumidoras mediante relacións baseadas na confianza e o apoio mutuo. Mediante unha cuota mensual a consumidora terá unha cesta quincenal durante todo o ano con productos de tempada.

A cesta pechada é a base para soster a viabilidade do proxecto porque elimina o concepto de precio por producto e céntrase en valorar todo o proceso productivo.

Granxas de Lousada SC


Localización: Granxas de Lousada SC
Descrición: Conxunto de explotacions multifuncionais certificadas polo Craega.

Grupo Histagra

Web: http://histagra.usc.es/gl/
Localización: Grupo Histagra
Descrición: HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX configurouse como Grupo de Investigación do Sistema Universitario Galego (SUG), en 2006. As investigacións desenvolvidas por HISTAGRA organizanse en catro liñas principais, cos seus correspondentes subcampos temáticos: O mundo rural: do liberalismo á II República; Guerra civil; franquismo e transición; Historia Ambiental e Historia Forestal; o cambio tecnolóxico na agricultura

Grupo de Consumo Eco Lóxico


Localización: Grupo de Consumo Eco_Lóxico
Descrición: Grupo de Consumo que xorde a finais do ano 2014, co obxectivo de promover e dinamizar un espazo de relación e interacción social en torno ao consumo de alimentos ecolóxicos e de proximidade, apostando por unha alimentación consciente que favoreza as canles curtas de comercialización para camiñar cara a unha soberanía alimentaria. Actualmente, o grupo está formado por una vintena de unidades familiares.

Grupo de Consumo Responsable Tarabela


Localización: Grupo de Consumo Responsable Tarabela
Descrición: Grupo de xente que nos xuntamos para consumir de xeito responsable e colectivo.

Grupo de Investigación SEPA-interea

Web: https://sepa.gal/
Localización: Grupo de Investigación SEPA-interea
Descrición: O GI SEPA-interea pretende contribuír a situar a Pedagoxía Social e a Educación Ambiental como áreas de investigación relevantes para as Ciencias Sociais e da Educación e ademais, desenvolver unha actividade científico- académica comprometida e innovadora que dialogue con diversos axentes sociais e institucionais, propoñendo estratexias que sexan de utilidade para a sociedade, o benestar e a calidade de vida da poboación.

Hortas da Ulla


Localización: Hortas da Ulla
Descrición: Fincas que colaboramos para a comercialización dos nosos produtos.

Illa Bufarda

Web: http://www.illabufarda.gal
Localización: Illa Bufarda
Descrición: Illa Bufarda é unha produtora creativa que realiza proxectos audiovisuais, fotográficos, de animación e deseño e tamén formación nestas áreas.

Lentura


Localización: Lentura
Descrición: Asociación de pequenos produtores de horta. Comercializamos en conxunto en venta directa, grupos de consumo, colexios municipais e cestas por e-mail.

Maureen Kinnear


Localización: Maureen Kinnear
Descrición: Comida ecológica: mermelada, empanadillas dulces e saladas, falafel, haburguesas vexetais, etc.

Mercado da Terra

Mail: mercadodaterra@riseup.netWeb: https://mercadodaterra.noblogs.org/
Localización: MERCADO da TERRA
Descrición: Mercado de produtos ecolóxicos, naturais, locais e de temporada.

Proxecto colectivo, autoxerido, consumidoras e productoras camiñan da man para dar unha oferta agroecolòxica, social, cultural e medio ambiental a cidade de Lugo. O SPG do Mercado da Terra è a ferramenta de certificaciòn que acredita as productoras que forman parte do Mercado.

Milhulloa S.Coop.Galega

Web: http://www.milhulloa.es
Localización: Milhulloa S.Coop.Galega
Descrición: Produción, transformación e comercialización de plantas medicinais,aromáticas e grelos deshidratados en ecolóxico.

Millo Miúdo

Mail: millo-miudo@googlegroups.com
Localización: Millo Miúdo
Descrición: Millo Miúdo é unha asociación de consumo de Oleiros. Consumo semanal de produtos frescos da comarca, e outros produtos dos que facemos pedidos periódicos.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega

Web: http://www.nosaenerxia.com
Localización: Nosa Enerxía S. Coop. Galega
Descrición: Nosa Enerxía é unha cooperativa de consumidores e usuarios, e polo tanto, é unha entidade onde os socios e as socias se organizan para consumir os produtos e servizos que desexen, nas condicións que estas determinen. O obxecto de Nosa Enerxía é a comercialización de enerxía de orixe renovable a todos aqueles socios/as da cooperativa, proporcionando un servizo de calidade a un prezo xusto. A cooperativa artéllase como unha organización sen ánimo de lucro, é dicir, que todos aqueles beneficios...

O Faiado da Curuxa


Localización: O Faiado da Curuxa
Descrición: Xurde como un grupo de produtores/consumidores responsables para aproveitar a riqueza das terras onde vivimos.

O Salto Galiza


Localización: O Salto Galiza

O Tempo da Aldea

Web: http://otempodaaldea.com
Localización: O Tempo da Aldea
Descrición: https://www.instagram.com/otempodaaldea/

PIC-Proxecto Integral Compostela

Web: https://proxectointegralcompostela.wordpress.com/
Localización: PIC-Proxecto Integral Compostela

Panxea S. Coop. Galega

Web: http://socios.panxea.org/
Localización: Panxea S. Coop. Galega
Descrición: Cooperativa de consumo,ecolóxico e comercio xusto, primando produto local. Desenvolvemos traballos de educación e concienciación no ámbito do consumo consciente (alimentación,enerxía,banca...).

Panxea Sociedade Cooperativa Galega

Mail: socios@panxea.orgWeb: http://www.panxea.org
Localización: Panxea Sociedade Cooperativa Galega
Descrición: Panxea SCG é unha Cooperativa de Consumidores e Usuarios que queremos construír unha economía alternativa, social e solidaria, a través do Comercio Xusto e Consumo Responsable. Para iso traballamos impulsando cambios no xeito de comerciar e consumir que, dende o pequeno e o local, vaian mudando as estruturas a prol da xustiza social, ecolóxica e de xénero, e a prol dunhas novas relacións comerciais baseadas na equidade nos intercambios, no respecto ás persoas, ao medio natural e ás culturas, garantindo o pago dun prezo xusto polos produtos locais e polos de lonxe, e o respecto aos principios do Comercio Xusto.

REAS Galicia

Web: https://www.economiasolidaria.org/reas-galicia
Localización: REAS Galicia
Descrición: Sen oficina propia

Racataplan

Web: http://www.racataplan.com
Localización: Racataplan
Descrición: Creaçon de roupa ecológica para nenos. Desenhada e confecionada na Galiza.

Ribeiregas Cooperativa Ribeira do Navia

Mail: ribeiregas@riseup.net
Localización: RIBEIREGAS - COOPERATIVA RIBEIRA do NAVIA
Descrición: As Ribeiregas somos un proxecto cooperativo de mulleres, no que o coidado da vida, do territorio e do medio ambiente son os nosos obxetivos. Producimos horta e froita, e conservas. Facemos formaciòn, con asociaciòns, escolas, institutos,... Temos servizo de makilas por se queres que envasemos os teus productos, xa sexas particular o productor. Investigamos variedades autòctonas de froiteiras coas que elavorar os nosos zumes Facemos demostraciòns de prensado en vivo con degustaciòn Traballamos con diferentes moedas sociais, banco de tempo, troco,... creando alternativas à economìa capitalista

Seiva de Abril


Localización: Seiva de Abril

Sembrando unha cidade diversa

Mail: direccion@ecosdosur.orgWeb: http://www.ecosdosur.org
Localización: Sembrando unha cidade diversa
Descrición: A entidade propón utilizar a horta urbana como unha ferramenta para o desenvolvemento de habilidades sociais de persoas en situación de risco de exclusión social e laboral a través da horticultura social e terapéutica e así defender a existencia de espazos onde coidar a vida da comunidade e das plantas, cultivando alimentos e colleitando relacións sociais. Respectando así á natureza e á diversidade cultural, sendo conscientes da ecodependencia e a interdependencia que todos temos.

Semente Ourense

Web: http://semente.info/
Localización: Semente Ourense
Descrición: Asociación de consumo responsable. Consumo de produtos de horta ecolóxicos de forma quincenal, consumo doutros produtos ecolóxicos complementarios. Sensibilización e difusión respecto da agroecoloxía.

Sindicato Labrego Galego

Web: http://sindicatolabrego.gal
Localización: Sindicato Labrego Galego
Descrición: Sede Nacional: Rúa Ofelia Nieto, 13-23, Compostela

Slow Food Compostela

Web: https://www.slowfoodcompostela.es/
Localización: Slow Food Compostela
Descrición: Slow Food Compostela, é un convivium, unha delegación, da Fundación para a Biodiversidade Slow Food Italia, que traballa poñendo en valor a riqueza agrograstronómica galega, por medio da concienciación do consumidor

Sustinea

Web: http://www.sustinea.org
Localización: Sustinea
Descrición: Ourense

Tesouros de Galicia: Dinamización socieoeconómica do territorio

Web: http://www.tesourosdegalicia.com
Localización: Tesouros de Galicia: Dinamización socieoeconómica do territorio
Descrición: Deseño de iniciativas para a dinamización social e económica do territorio baseadas en recursos parimoniáis. Faise especial énfase naquelos cuxa historia permiten o reforzamento de relacións internacionáis. Igualmente, foméntase local a participación social para fortalecer a autoestima e interiorización do patrimonio como responsabilidade de todos.

Val Fluvial Lourido - Petón do Lobo

Web: http://valfluvialdolouridocorcoesto.com
Localización: Val Fluvial Lourido - Petón do Lobo
Descrición: Obxectivo: converter o val fluvial do río Lourido, nas parroquias de Corcoesto, Cereo e Valenza (municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco), nunha reserva natural fluvial. Antecedentes: o val fluvial do río Lourido, era o lugar onde a mineira canadiana Edgewater ía explotar para a extracción de ouro, proxecto que finalmente debido á presión social non foi autorizado. A raíz deste proxecto tan agresivo naciu esta iniciativa, co fin de crear este espazo natural e difundir os seus valores.

Verdegaia

Web: http://www.verdegaia.org/
Localización: Verdegaia
Descrición: Verdegaia é unha asociación ecoloxista de ámbito galego creada en 2006, dentro dos principios do ecoloxismo social e co lema de "sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz".

Xestas, asociación socio-cultural e do medio rural


Localización: Xestas, asociación socio-cultural e do medio rural
Descrición: Xestas é un Lugar da Barbanza, no concello de Porto do Son. Antigamente houbo asentada no lugar unha aldea pequena, na actualidade, somentes unha das casas está en boas condicións. Eiquí viñemos vivir, hai agora cinco anos, un grupo de persoas coa intención de desenvolver un proxecto labrego e así colaborar na recuperación do rural galego; e, a fin de que nos servira como ferramenta para acada-lo noso proxecto, constituímos unha asociación á que nomeamos “Xestas”, coa nomenclatura de “socio-cultural e do medio rural".

Á Molida


Localización: Asociación Galega de Tracción Animal - Á Molida
Descrición: AGATRAN – Asociación Galega de Tracción Animal ten como finalidade xenérica investigar, recuperar e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial relativo á tracción animal, considerando fundamental a cooperación transfronteiriza dentro do marco da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.